Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Un acordo entre Deputación e Concello facilita o acondicionamento de rúas e camiños

19, Xuño 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Comezaron os traballos que se inclúen dentro do acordo ao que chegaron a Deputación e o concello do Carballiño, dirixido principalmente á reparación e mellora de varias rúas e camiños do municipio.

 As primeiras actuacións leváronse a cabo na rúa Serra Martiñá, onde se executaron traballos de tratamento integral do asfaltado, e corrixiuse un problema existente na zona coas augas pluviais, colocando unha nova canalización para recoller estas augas.

Os traballos extendese á rúa Beariz, onde ademais do tratamento integral do asfaltado se está a proceder ao ancheado nalgunhas zonas para mellorar a circulación, tanto de vehículos coma de peóns. Dentro do mesmo acordo coa Deputación vanse levar a cabo outras actuacións nas rúas Leiro, Castelao e Corzos. En todas estas rúas executaranse os mesmos traballos de asfaltado, canalización de pluviais e ancheado onde sexa necesario. Na rúa Castelao executaranse tamén tarefas de rebacheo.

Este acordo coa Deputación consiste en que a institución provincial achega a maquinaria e os operarios especializados nas tarefas concretas a realizar, e o concello achega o material. Co que o concello pode executar unhas obras necesarias, e solicitadas polos propios veciños, a un custo reducido. As obras antes mencionadas non serán as únicas que se executen dentro deste convenio, pendentes só do plan de actuación que propoña o concello e o calendario de actuacións da Deputación

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/un-acordo-entre-deputaci%C3%B3n-e-concello-facilita-o-acondicionamento-de-r%C3%BAas-e-cami%C3%B1os

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-acordo-entre-deputación-e-concello-facilita-o-acondicionamento-de-rúas-e-camiños [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-acordo-entre-deputación-e-concello-facilita-o-acondicionamento-de-rúas-e-camiños [3] whatsapp://send?text=Un acordo entre Deputación e Concello facilita o acondicionamento de rúas e camiños http://copecarballino.es/novas/un-acordo-entre-deputación-e-concello-facilita-o-acondicionamento-de-rúas-e-camiños [4] http://copecarballino.es/print/43047