Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Aberta a inscrición no PAI de Boborás

24, Xuño 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello de Boborás ven de abrir o prazo de matricula para o Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2012-2013. A data límite para facer a inscrición remata o vindeiro 27 de xullo.

 As familias interesadas poderán solicitar información e cubrir a solicitude de inscrición nas oficinas do concello ou no propio Punto de Atención á Infancia situado no recinto do CEIP “Nosa Señora de Xuvencos”.

O prezo para aqueles nenos e nenas que están empadroados/as no concello de Boborás é de 30 euros ao mes por xornada completa, mentres que aqueles/as que non o están teñen un prezo público de 45 euros. Así mesmo existen bonificacións do 25% no caso de familias numerosas e do 50 % cando se ten máis dun/dunha neno/a matriculado/a no PAI.

Para máis información poden chamar as oficinas do concello ao 988402600-988402008 en horario de 8.30 a 14.30 horas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/aberta-inscrici%C3%B3n-no-pai-de-bobor%C3%A1s

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/aberta-inscrición-no-pai-de-boborás [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/aberta-inscrición-no-pai-de-boborás [3] whatsapp://send?text=Aberta a inscrición no PAI de Boborás http://copecarballino.es/novas/aberta-inscrición-no-pai-de-boborás [4] http://copecarballino.es/print/43052