Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello recorre aos plans provinciais para a execución das obras de reposición na rúa Ourense

25, Xuño 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os responsables municipais esperan que no transcurso da semana se adxudiquen por parte da Deputación as obras na rúa Ourense, de tal maneira que o inicio dos traballos sexa inminente.

O problema da focha aberta nesta rúa remontase a fai case dous anos. Aínda que o actúal grupo de goberno anunciou como prioritarira esta obra ao pouco tempo de tomar posesión, non obstante a mesma non pudo executarse polo seu elevado coste, unhos 50.000 euros, polo que optouse por incluila nos planos provinciais da Deputación.

A obra consistirá en repoñer o colector existente por un novo (a avaría produciuse precisamente polo estado do anterior colector, que era moi antigo e deterioraba todo o ámbito con continuas avarías). Así mesmo procederase á reparación de todos os ramais e enganches dese colector. Os traballos ampliaranse nuns 70 metros lineais, co que se garante un arranxo total da zona de actuación.

Argimiro Marnotes e Magín Daparte, alcalde e concelleiro de obras respectivamente, mantiveron  unha reunión cos veciños afectados por esta obra, aos que explicaron a situación de proxecto e as xestións realizadas polo concello para solucionar o problema. Neste sentido o alcalde agradecía a todos os veciños a comprensión que en todo momento mostraron neste asunto "temos que agradecerlles a paciencia durante este tempo, pero eles entenderon tamén que a nosa intención era facer un proxecto bo, e non algo que tivésemos que arranxar en pouco tempo".

 A actuación non se centrará só en tapar a focha, senón no cambio do colector e da rede da zona, e ao mesmo tempo unha mellora da capa de rodadura nese tramo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-recorre-aos-plans-provinciais-para-execuci%C3%B3n-das-obras-de-reposici%C3%B3n-na-r%C3%BAa-ourense

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-recorre-aos-plans-provinciais-para-execución-das-obras-de-reposición-na-rúa-ourense [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-recorre-aos-plans-provinciais-para-execución-das-obras-de-reposición-na-rúa-ourense [3] whatsapp://send?text=O Concello recorre aos plans provinciais para a execución das obras de reposición na rúa Ourense http://copecarballino.es/novas/o-concello-recorre-aos-plans-provinciais-para-execución-das-obras-de-reposición-na-rúa-ourense [4] http://copecarballino.es/print/43053