Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Chegan os primeiros reforzos para o C.D. Arenteiro 2012-2013

25, Xuño 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os catro primeiros xogadores en asinar a súa ficha para a tempada que ven na preferente son David Soares, Cristian Dacosta, Xurxo Bouzo e Iago Garrigo.

Son os catro primeiros, e nos próximos dias chegarán máis. David Soares -dianteiro centro- de 28 anos de idade, procede do C.D. Lalín, equipo do que foi ún dos seus máximos goleadores nas últimas tempadas. Tamén é dianteiro Cristian Dacosta, que xogou esta pasada tempada no Ourense B, e que agora estará ás órdes do seu primo e adestrador do C.D. Arenteiro, Ramón Dacosta.

Regresan ó Carballiño Xurxo e Iago, defensa e medio centro, que xa xogaron no Arenteiro de fai dúas tempadas en preferente. Ambos estiveron este ano ligados ao Sp. Celanova.

En canto a baixas, están xa confirmadas as de Gele, Viñas, Vilachá, Kennedy e César. Esta relación de baixas aínda está pendiente de cerrarse, toda vez que o club quere manter a varios xogadores da tempada pasada, ainda que negocia con eles unha posible cesión a equipos da comarca.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/chegan-os-primeiros-reforzos-para-o-cd-arenteiro-2012-2013

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/chegan-os-primeiros-reforzos-para-o-cd-arenteiro-2012-2013 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/chegan-os-primeiros-reforzos-para-o-cd-arenteiro-2012-2013 [3] whatsapp://send?text=Chegan os primeiros reforzos para o C.D. Arenteiro 2012-2013 http://copecarballino.es/novas/chegan-os-primeiros-reforzos-para-o-cd-arenteiro-2012-2013 [4] http://copecarballino.es/print/43055