Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Veciños de Punxin estudan declararse insubmisos no pago dos recibos da auga

8, Xullo 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi o manifestaron a esta emisora de radio, tras varias reunións mantidas nos últimos dias e varios escritos dirixidos ao Alcalde de Punxin, ao que mostraron a súa indignación polo incremento das taxas, de ata un 339 % no último ano.

A polémica polo aumento no recibo da auga no municipio de Punxin vive un novo capítulo: os veciños máis críticos amenazan agora con non pagar a factura e devolver os cargos bancarios.

Os veciños manteñen que as taxas municipais reguladoras do abastecemento e depuración de auga son abusivas "xa que en cuotas fixas son un 48% e un 112% máis altas en Punxín en relación ás dos concellos veciños de Ribadavia e O Carballiño, e un 88% e un 100% máis altas en taxas variables tamén comparadas cos mesmos concellos". En cuotas fixas pasouse de 6,68 euros a 22,66 por trimestre, mentres que as taxas variables aumentaron o custo do metro cúbico de auga en todos os tramos nun 100%.

Desde o actúal grupo de goberno do Partido Popular cúlpase da situación ao anterior goberno socialista, que privatizou o servizo e contratou coa empresa adxudicataria en base a unhos prezos pola xestión do servizo. Non obstante, veciños do municipio entenden "que o novo goberno xa tivo tempo suficiente de rectificar e buscar unha solución, defendendo os dereitos dos veciños, porque esto é un abuso en toda regla, se non revisan as cuotas estamos dispostos a insubmisión", afirman.

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/veci%C3%B1os-de-punxin-estudan-declararse-insubmisos-no-pago-dos-recibos-da-auga

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/veciños-de-punxin-estudan-declararse-insubmisos-no-pago-dos-recibos-da-auga [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/veciños-de-punxin-estudan-declararse-insubmisos-no-pago-dos-recibos-da-auga [3] whatsapp://send?text=Veciños de Punxin estudan declararse insubmisos no pago dos recibos da auga http://copecarballino.es/novas/veciños-de-punxin-estudan-declararse-insubmisos-no-pago-dos-recibos-da-auga [4] http://copecarballino.es/print/43066