Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > As Xuventudes Socialistas do Carballiño renovan a súa Executiva

5, Agosto 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os xóvenes socialistas do Carballiño reuníronse para constituir unha nova Executiva carballiñesa da agrupación, da que saíu elexida como nova Secretaria Xeral Miriam Fernández.

Os militantes aprobaron o Informe de Xestión da executiva saínte, donde Juan José Nogueira estivo como Secretario Xeral durante 4 anos, e indicou que “somos unha agrupación en crecemento, donde intentamos que cada mozo/a teña o seu espacio e cada un de nos pasa e aporta un pequeno gran de area para que cada mozo e moza poida acadar as súas metas”.

 A única candidatura presentada, encabezada por Miriam Fernández, estivo apoiada polo 100% dos militantes. A nova Secretaria Xeral das xuventudes asume o cargo “con ilusión, compromiso e traballo, e o coñecemento de que no Carballiño hai moito que facer”, ademáis invita aos mozos/as da vila a traballar man a man “o futuro e o presente depende de nos”.

Miriam Fernández, estudante do último ano de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela chega á secretaría despois de afiliarse as XSG no ano 2009.

Completan o resto da Executiva Jorge Cervantes como Secretario de Organización e Comunicación, César Rodríguez asume a Secretaría de Igualdade e Movementos Sociais, Santiago Rodríguez a de Educación e Formación e Rubén Rodríguez a de Cultura, Deportes e Medio Ambiente. Como única  vogal exercerá María del Pilar López.

Está agrupación ten como obxetivo interaccionar cos xóvenes coñecendo as súas inquedanzas e tratar de evolucionar dentro desta vila, “estamos rodeados de xente con afán de aprender, de traballar e de conseguir os seus propósitos”, manifestou a nova responsable local das Xuventudes Socialistas.

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xuventudes-socialistas-do-carballi%C3%B1o-renovan-s%C3%BAa-executiva

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xuventudes-socialistas-do-carballiño-renovan-súa-executiva [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xuventudes-socialistas-do-carballiño-renovan-súa-executiva [3] whatsapp://send?text=As Xuventudes Socialistas do Carballiño renovan a súa Executiva http://copecarballino.es/novas/xuventudes-socialistas-do-carballiño-renovan-súa-executiva [4] http://copecarballino.es/print/43082