Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O prato xigante de polbo converte a Praza Maior nun gran espectáculo

7, Agosto 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Unha gran expectación de público e mediática  acompañaron por terceiro ano consecutivo un novo record carballiñés, ao presentar o prato de polbo á feira máis grande do mundo, desta vez 3,20 metros.

Arredor de 2.000 tapas de polbo á feira -según os cálculos dos organizadores-  sairon do prato xigante, en cuxa presentación empregaronse 250 kilos de polbo, maxistralmente picados a modo de exhibición polas polbeiras de Arcos tamén en tempo record, que logo acompañaron de aceite, sal groso e pimentón, como manda o ritual.

A Praza Maior do Carballiño converteuse por unhos momentos en punto de atracción mediática e algunha televisión de cobertura nacional conectou en directo para o seu telexornal, mentres que outras moitas cadeas de televisión e radio, tanto de ámbito galego como español, gravaron reportaxes do acontecemento.

FESTIVAL INTERNACIONAL DE MUSICA E DANZA

A Praza Maior convertiráse en escenario dunha nova edición das Xornadas de Folclore, que organiza a Deputación, e que traerán atá O Carballiño grupos folclóricos representativos de diversas culturas do mundo, será o mércores dia 8 a partir das 22,30 horas.

O "PULPO DE CADENA 100" CHEGA AO CARBALLIÑO O VENRES POLA NOITE

O locutor e DJ de CADENA 100 "El Pulpo" presentador do exitoso morning show "Buenos Dias Pulpo", que se emite nesta cadena de radio para toda España sábados e domingos de 7 a 11 horas, ofrecerá o seu espectáculo na Praza Maior do Carballiño o venres dia 10 a partir das 23,30 horas

BATUCADA E TIRADA DE FOGOS ARTIFICIAIS

Ademáis do xa tradicional concurso de camisetas das peñas da festa do polbo, a programación de actividades da Festa do Polbo ofrece o sábado 11 a animación musical dunha "BATUCADA" en horario de tarde e noite, e a 1ª Tirada de fogos da Festa do Polbo, ás 24 horas. O espectáculo estará a cargo da "Pirotécnia Abad" e lanzaráse desde o barrio de Toscaña, a carón da ponte sobre o río Arenteiro.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-prato-xigante-de-polbo-converte-praza-maior-nun-gran-espect%C3%A1culo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-prato-xigante-de-polbo-converte-praza-maior-nun-gran-espectáculo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-prato-xigante-de-polbo-converte-praza-maior-nun-gran-espectáculo [3] whatsapp://send?text=O prato xigante de polbo converte a Praza Maior nun gran espectáculo http://copecarballino.es/novas/o-prato-xigante-de-polbo-converte-praza-maior-nun-gran-espectáculo [4] http://copecarballino.es/print/43085