Desenrolado por coroa.es
A baixa de Kennedy, que deixou a disciplina do C.D. Arenteiro por decisión do propio club, será cuberta por Javi López, un xogador que chega O Carballiño despois de militar a tempada pasada no equipo de As Pontes, da 3ª división.
Trátase dun interior esquerdo polivalente, de 26 anos, que con anterioridade xogara no Cidade de Santiago e no C.D. Lalín, e que ata fai unhos dias estaba na órbita do C.D. Ourense, aínda que finalmente as xestións feitas polo Presidente José Antonio Cadavid, fixeron que o xogador dezano se decidira polo Arenteiro. Esta mesma semana incorporase aos adestramentos ás órdes de Dacosta.
O PARTIDO DE COPA NA PEROXA O DOMINGO 19 ÁS 17,30 HORAS
Este pasado mércores dia 15 os carballiñeses desputaban o quinto partido de pretempada en Nogueira de Ramuín, derrotando ao equipo local por 1-3, con dous goles de Cancelas e ún de Iglesias.
O domingo dia 19 de agosto xogaráse o partido de COPA DEPUTACIÓN, eliminatoria a partido único, no campo do Marco ante o equipo local, A PEROXA F.C., a partir das cinco e media da tarde.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/javi-lópez-chega-ao-cd-arenteiro-para-cubrir-baixa-de-kennedy
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/javi-lópez-chega-ao-cd-arenteiro-para-cubrir-baixa-de-kennedy
[3] whatsapp://send?text=Javi López chega ao C.D. Arenteiro para cubrir a baixa de Kennedy http://copecarballino.es/novas/javi-lópez-chega-ao-cd-arenteiro-para-cubrir-baixa-de-kennedy
[4] http://copecarballino.es/print/43093