Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > José Manuel Prado Prado, un carballiñés nos xogos paralímpicos Londres 2012

24, Agosto 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O deportista paralímpico carballiñés é un dos 13 seleccionados pola Federación Española de Deportes Paralímpicos para representar a España na competición de Boccia.

José Manuel Prado Prado convirtese asi no primeiro deportista carballiñés da historia en participar nunhos xogos paralímpicos, o seu debut en Londres 2012 será o domingo 2 de setembro na competición por equipos, e o dia 5 de setembro na competición individual, asi que o paralímpico carballiñés terá unha doble oportunidade de optar a medalla.

Antes de viaxar a Madrid, onde se incorpora á delegación española, José Manuel Prado agradeceu en COPE O Carballiño o apoio "do Carballiño durante todo este tempo, no concello permitironme adestrar no pavillón de deportes, O Carballiño sempre se portou moi ben conmigo e lévome a Londres unha bandeira na que moitos amigos escribiron e asinaron as súas frases de dádome ánimos".

O Concello do Carballiño recoñeceu na última edición da Gala do Deporte Carballiñés a José Manuel Prado como "o mellor deportista do ano".

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/jos%C3%A9-manuel-prado-prado-un-carballi%C3%B1%C3%A9s-nos-xogos-paral%C3%ADmpicos-londres-2012

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/josé-manuel-prado-prado-un-carballiñés-nos-xogos-paralímpicos-londres-2012 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/josé-manuel-prado-prado-un-carballiñés-nos-xogos-paralímpicos-londres-2012 [3] whatsapp://send?text=José Manuel Prado Prado, un carballiñés nos xogos paralímpicos Londres 2012 http://copecarballino.es/novas/josé-manuel-prado-prado-un-carballiñés-nos-xogos-paralímpicos-londres-2012 [4] http://copecarballino.es/print/43101