Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Aspadisi e Concello involucranse activamente "Por un O Carballiño máis limpo"

30, Agosto 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O programa contempla distintas actividades que levarán a cabo nas vindeiras semanas os membros de ASPADISI e que persiguen como obxetivo "a información e concienciación da importancia de manter limpo O Carballiño".

Tratase dun proxecto que toma como marco de referencia o Plan Galego de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia, fomentando o voluntariado entre a poboación xuvenil en risco ou exclusión social, a un tempo que se pretende sensiblizar á veciñanza coas persoas con discapacidade, estimular os valores sociais de participación, solidariedade, igualdade e responsabilidade social, asi como o coidado medioambiental.

"Imos tratar de conseguir un Carballiño maís limpo e saudable, e para elo é moi importante incidir no aspecto da sensiblización, sobre todo entre os máis xóvenes, para manter O Carballiño limpo de cáscaras de pipas, chicles e cabichas, ou os excrementos dos animais" manifestaba o Alcalde Argimiro Marnotes no acto de presentación desta campaña no que tamén estiven presentes os responsables de ASPADISI, asi como os concelleiros de Medio Ambiente e Servizos Sociais.

Ata mediados do vindeiros mes de octubro, os membros de ASPADISI repartirán dipticos, cucuruchos e bolsas, con saidas puntuais ós distintos puntos de recollida do lixo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/aspadisi-e-concello-involucranse-activamente-por-un-o-carballi%C3%B1o-m%C3%A1is-limpo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/aspadisi-e-concello-involucranse-activamente-por-un-o-carballiño-máis-limpo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/aspadisi-e-concello-involucranse-activamente-por-un-o-carballiño-máis-limpo [3] whatsapp://send?text=Aspadisi e Concello involucranse activamente [4] http://copecarballino.es/print/43106