Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Garda Civil interven 1.387 Kg. de Marihuana en localidades de Piñor e Vilamarín

31, Agosto 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Forzas da Comandancia da Garda Civil procederon a desenvolver entre os día 29 e 30 de agosto un operativo contra o tráfico de estupefacientes nas localidades de Vilariño, no municipio de Piñor, e Malladoiro, en Vilamarin.

No operativo levouse a cabo a detención de tres persoas, como supostos autores dun delito contra a saúde pública, unha de nacionalidade estadounidense, outro de nacionalidade armenia e unha terceira persoa de nacionalidade española.

Efectuados rexistros, nun invernadoiro de Malladoiro interviñéronse 308 quilogramos de rama e folla de marihuana e nun domicilio de Vilariño (Piñor) 1079,6 quilogramos de folla, rama e gromo de marihuana, resultando un total de 1.387,6 quilogramos. Calculase que o seu valor no mercado podería acadar 1,5 millóns de euros. Ademais interveuse documentación, 7 terminais móbiles e 1.670 €. en efectivo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/garda-civil-interven-1387-kg-de-marihuana-en-localidades-de-pi%C3%B1or-e-vilamar%C3%ADn

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/garda-civil-interven-1387-kg-de-marihuana-en-localidades-de-piñor-e-vilamarín [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/garda-civil-interven-1387-kg-de-marihuana-en-localidades-de-piñor-e-vilamarín [3] whatsapp://send?text=A Garda Civil interven 1.387 Kg. de Marihuana en localidades de Piñor e Vilamarín http://copecarballino.es/novas/garda-civil-interven-1387-kg-de-marihuana-en-localidades-de-piñor-e-vilamarín [4] http://copecarballino.es/print/43107