Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro recibe ao Mondariz F.C. ás 6 da tarde do domingo

31, Agosto 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

No Arenteiro será baixa o dianteiro David Soares, ao que o árbitro ensinou a segunda amarela unha vez rematado o partido de Sanxenxo, o que conleva un partido de sanción. Non obstante, Dacosta xa poderá contar con Marcos Sotelo e Cristian.

Enfronte, e neste debút ligueiro en Espiñedo estará o Mondariz, unha das revelacións do campionato o ano pasado, e que por vez primeira se presentará no campo de Espiñedo. Os carballiñeses esperan acadar os 3 pirimeiros puntos tras as boas sensacións da segunda parte do partido de Sanxenxo.

MEMORIAL FUSI

Este fin de semana xógase a 3ª edición do Memorial Fusi, co que se homenaxea a Faustino José Pérez Sanmartín, o que fora xogador do Arenteiro e monitor da Escola Municipal de Fútbol, falecido fai unhos anos en accidente de tráfico.

Pavillón Ourense - Barbadás, e Arenteiro - Lalín, xogarán as semifinais o sábado 1 de setembro no campo da Uceira. A gran final será o domingo ás 12 do mediodia no campo de Espiñedo, con entrada gratuíta.

O Memorial Fusi está organizado pola Área de Deportes do Concello do Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-recibe-ao-mondariz-fc-6-da-tarde-do-domingo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-recibe-ao-mondariz-fc-6-da-tarde-do-domingo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-recibe-ao-mondariz-fc-6-da-tarde-do-domingo [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro recibe ao Mondariz F.C. ás 6 da tarde do domingo http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-recibe-ao-mondariz-fc-6-da-tarde-do-domingo [4] http://copecarballino.es/print/43109