Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Máis dun centenar de veciños de Punxín réunense en asemblea e acordan non pagar os recibos da auga

16, Setembro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A reunión celebrada este pasado sábado na escola de Punxín tivo unha numerosa asistencia, arredor de 120 veciños acudiron á convocatoria, o que representa o 14% da poboación deste municipio.

Na xuntanza acordouse por unanimidade declararse insubmisos no pago do recibo da auga ata que non se chegue a un acordo con Aquagest e o concello sobre as tarifas, ao entender os veciños que os prezos son abusivos e ademáis, non existen garantias sanitarias sobre o estado da auga que abastece algunhas localidades, como é o caso de Ourantes, onde as analíticas encargadas polos propios veciños desvelaron un alto grao de contaminación.

Os veciños que acudiron a esta reunión puxeron de manifesto o seu malestar tanto pola actitude da empresa concesionaria como do Alcalde do municipio "por negarse a negociar unha solución ante as demandas veciñais".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/mais-dun-centenar-de-vecinos-de-punxin-reunense-en-asemblea-e-acordan-non-pagar-os-recibos-da

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/mais-dun-centenar-de-vecinos-de-punxin-reunense-en-asemblea-e-acordan-non-pagar-os-recibos-da [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/mais-dun-centenar-de-vecinos-de-punxin-reunense-en-asemblea-e-acordan-non-pagar-os-recibos-da [3] whatsapp://send?text=Máis dun centenar de veciños de Punxín réunense en asemblea e acordan non pagar os recibos da auga http://copecarballino.es/novas/mais-dun-centenar-de-vecinos-de-punxin-reunense-en-asemblea-e-acordan-non-pagar-os-recibos-da [4] http://copecarballino.es/print/43121