Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello do Irixo abandona a Mancomunidade Comarcal de Concellos

25, Setembro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Grupo de Goberno do Partido Popular do Concello do Irixo decide abandonar a Mancomunidade do Carballiño.

A decisión foi comunicada e aprobada no pleno  municipal deste municipio, tras unha proposta presentada polo Partido Popular, que conta con 8 dos 9 concelleiros que integran a corporación deste concello, o acordo colleu de sopresa ao único concelleiro da oposición, o socialista Javier Rodríguez.

O acordo plenario recolle que o Concello do Irixo causará baixa na Mancomunidade de Concellos do Carballiño, que preside o Alcalde de Beariz, con data do vindeiro 1 de xaneiro de 2013. O Alcalde, Manuel Penedo, xustificou esta decisión no alto coste que ten para o municipio os servizos que recibe da entidade intermunicipal.

Tras a retirada do Irixo, tan so 4 concellos continuarán na Mancomunidade, os de Beariz, San Amaro, San Cristovo de Cea e Boborás.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-irixo-abandona-mancomunidade-comarcal-de-concellos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-irixo-abandona-mancomunidade-comarcal-de-concellos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-irixo-abandona-mancomunidade-comarcal-de-concellos [3] whatsapp://send?text=O Concello do Irixo abandona a Mancomunidade Comarcal de Concellos http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-irixo-abandona-mancomunidade-comarcal-de-concellos [4] http://copecarballino.es/print/43132