Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Alternativa Galega de Esquerda presentou a súa candidatura na comarca

30, Setembro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O salón de actos da casa do concello do irixo acolleu o primeiro acto celebrado na comarca pola Alternativa Galega de Esquerda, unha das candidaturas que concorren as eleccións galegas.

No acto falaron, ante medio centenar de persoas, Carmen Iglesias, Jon Sáez e o número 1 na candidatura pola provincia David Fernández Calviño, que foron presentados por Andrés Fernández, veciño do Carballiño e membro da candidatura da AGE.

Non foi casual que a candidatura elixise O Irixo para a súa presentación "porque no Irixo estivemos loitando activamente contra a incineradora, porque aquí seguimos para non permitir a instalación dunha macroplanta incineradora".

A Alternativa Galega de Esquerda presentou o seu modelo de xestión de residuos "que está baseado nun modelo descentralizado, de reciclaxe e reducción".

Os candidatos incidiron de maneira especial na problemática da despoboación do rural "consecuencia da desaparación do agro galego, do noso sector primario, que está a ser desmantelado polo goberno do Partido Popular que dirixe Feijóo; abocando á mocidade a emigrar igual que antes tiveron que facer os seus pais, nais e avós porque no rural non hai traballo nin futuro", recalcaron.

O momento emotivo do acto estivo no recordo polo pasamento de Xosé Mejuto "histórico militante do Irixo que durante tantos anos traballo a prol do concello do Irixo".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/alternativa-galega-de-esquerda-presentou-s%C3%BAa-candidatura-na-comarca

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/alternativa-galega-de-esquerda-presentou-súa-candidatura-na-comarca [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/alternativa-galega-de-esquerda-presentou-súa-candidatura-na-comarca [3] whatsapp://send?text=A Alternativa Galega de Esquerda presentou a súa candidatura na comarca http://copecarballino.es/novas/alternativa-galega-de-esquerda-presentou-súa-candidatura-na-comarca [4] http://copecarballino.es/print/43136