Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os socialistas piden a disolución da Mancomunidade de Concellos do Carballiño

3, Outubro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os socialistas califican de "esperpéntica situación" a que vive a entidade supramunicipal e solicitan "de forma enérxica a disolución e o cesamento da súa actividade".

"Vimos denunciando desde fai anos un funcionamento que lonxe de buscar a eficacia na prestación de servizos aos seus membros, derivou  nun nicho de favores para concelleiros do PP, cando non familiares ou simpatizantes, que entraron a traballar neste organismo a través de contratacións a dedo", afirmou Guillermo Dopazo.

O Secretario da Agrupación Comarcal do PSdG fixo referencia ao abandono dos concellos gobernados polo Partido Popular, O Irixo e San Amaro os últimos en facélo "que deixa en evidencia a esta institución supramunicipal e ven a confirmar o que desde fai tempo vimos denunciando".

Dopazo recordou que "o concello do Carballiño, cando contaba cun goberno serio e preocupado de verdade polo bo goberno da vila, xa abandonou esta institución no ano 2004, e daquela os argumentos foron os mesmos que agora dan os alcaldes do Partido Popular, o excesivo gasto e o seu nefasto reparto".

Finalmente, consideran os socialistas unha "paradoxa que o alcalde do Carballiño anunciase que o vindeiro 1 de xaneiro este concello volverá a formar parte da Mancomunidade, outra demostración máis da súa falta de visión política".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-piden-disolucion-da-mancomunidade-de-concellos-do-carballino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-piden-disolucion-da-mancomunidade-de-concellos-do-carballino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-piden-disolucion-da-mancomunidade-de-concellos-do-carballino [3] whatsapp://send?text=Os socialistas piden a disolución da Mancomunidade de Concellos do Carballiño http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-piden-disolucion-da-mancomunidade-de-concellos-do-carballino [4] http://copecarballino.es/print/43139