Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Entrevista a Xosé Manuel Beiras nos estudos de COPE O Carballiño

5, Outubro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Camiño de Ourense, onde protagonizou o primeiro mitín de Alternativa Galega de Esquerda nesta campaña electoral,  Xosé Manuel Beiras visitou os estudios de COPE O Carballiño.

Durante 20 minutos, o candidato de AGE respondeu as preguntas de Xan Pinal, no transcurso dunha entrevista que será emitida por esta emisora de radio o lúns dia 8 ás 13:30 horas.

Xosé Manuel Beiras salientou "o traballo que desenvolven as emisoras de radio locais e a súa proximidade coa audiencia, que lle dan credibilidade", manifestou o veterano dirixente nacionalista.

SEGUIMENTO DA CAMPAÑA ELECTORAL NO ÁMBITO COMARCAL

COPE O Carballliño ofrecerá información diaria sobre o desenvolvemento da campaña destas eleccións galegas no ámbito local, dando conta de todos os actos programados polas distintas candidaturas.

 A información sonora poderá seguirse na programación local de mediodia a partir das 12:30 horas. Antes, a partir das 12:05 do mediodia poderá sintonizarse, tamén a diario e de lúns a venres, toda a actualidade da campaña electoral a través da programación de COPE Galicia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/entrevista-xos%C3%A9-manuel-beiras-nos-estudos-de-cope-o-carballi%C3%B1o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/entrevista-xosé-manuel-beiras-nos-estudos-de-cope-o-carballiño [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/entrevista-xosé-manuel-beiras-nos-estudos-de-cope-o-carballiño [3] whatsapp://send?text=Entrevista a Xosé Manuel Beiras nos estudos de COPE O Carballiño http://copecarballino.es/novas/entrevista-xosé-manuel-beiras-nos-estudos-de-cope-o-carballiño [4] http://copecarballino.es/print/43140