Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Afluencia de público ao mitín do Carballiño desborda as previsóns de AGE

14, Outubro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A casa da cultura do Carballiño quedouse pequena este pasado sábado, moitas persoas tiveron que seguir o mitin de AGE e pé e outras moitas tiveron que quedarse fora, ao completarse o aforo.

Os responables carballiñeses da Alternativa Galega de Esquerda, a candidatura que lidera Xosé Manuel Beiras, fixeron un mal cálculo da posible asistencia ao seu acto electoral no Carballiño, e ao final a asistencia de público desbordou as previsións da organización.

O Alcalde de Teo e membro de Anova, Martiño Noriega, non perdeu a ocasión para referirse a este éxito de convocatoria no Carballiño "cada vez enchense máis os auditorios e cada dia que pasa nesta campaña, AGE provoca máis ilusión e máis xente se vai sumando a este proxecto, esto é o que me estou encontrando por todo o país adiante en todas as vilas, aldeas e cidades ás que vou falar", subliñaba.

Antes da intervención do Alcalde de Teo, que pechou o acto, falaron os candidatos que abren a lista por Ourense, que explicaron as liñas fundamentais do programa electoral da Alternativa Galega de Esquerdas, que baixo o lema "hai que paralos" pretende converterse na clave da derrota electoral do Partido Popular.

O representante da comarca do Carballño na candidatura de AGE, Andrés Fernández, que actúou como presentador dos distintos oradores que tomaron a palabra, pedíu disculpas a "todos os que non poideron entrar na casa da cultura do Carballiño", para seguir este acto electoral.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/afluencia-de-p%C3%BAblico-ao-mit%C3%ADn-do-carballi%C3%B1o-desborda-previs%C3%B3ns-de-age

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/afluencia-de-público-ao-mitín-do-carballiño-desborda-previsóns-de-age [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/afluencia-de-público-ao-mitín-do-carballiño-desborda-previsóns-de-age [3] whatsapp://send?text=A Afluencia de público ao mitín do Carballiño desborda as previsóns de AGE http://copecarballino.es/novas/afluencia-de-público-ao-mitín-do-carballiño-desborda-previsóns-de-age [4] http://copecarballino.es/print/43150