Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello do Carballiño terá un Obradoiro de Emprego a partir de Decembro

30, Outubro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi o confirmaron os responsables municipais. O investimento do Obradoiro de Emprego será de 250.000 euros, dos que o concello deberá aportar algo máis de 20.000 euros.

O proxecto, financiado pola Xunta e elaborado pola Área de Industria e Promoción de Emprego do concello carballiñés comezará a desenvolverse no mes de Decembro, antes deberá poñerse en marcha o proceso de selección do persoal, monitores e alumnos, en total serán 24.

Durante 6 meses, desenvolverán traballos de forxa e xardineiría, cada unha destas actividades contará cun módulo de 8 alumnos.  Os traballos de forxa centraránse na execución dunha pérgola ornamental que se instalará na Praza do Emigrante, a xeito de refuxio para o sol e a choiva, mentres que o módulo de xardineiría desenvolverá a súa actividade nas zonas axardinadas e o parque municipal.

Ademáis, o Obradoiro contará cun módulo de Atención Socio-Sanitaria, que se incluíu neste proxecto en atención a gran demanda que existe para a formación de profesionais para este sector.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballi%C3%B1o-ter%C3%A1-un-obradoiro-de-emprego-partir-de-decembro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballiño-terá-un-obradoiro-de-emprego-partir-de-decembro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballiño-terá-un-obradoiro-de-emprego-partir-de-decembro [3] whatsapp://send?text=O Concello do Carballiño terá un Obradoiro de Emprego a partir de Decembro http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballiño-terá-un-obradoiro-de-emprego-partir-de-decembro [4] http://copecarballino.es/print/43161