Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Rexeitadas as alegacións presentadas ao proxecto da Praza da Veracruz

2, Novembro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi o anunciou o concelleiro de obras e urbanismo do Carballiño, Magín Daparte, as alegacións á mellora do entorno da Veracruz serán rexeitadas polo goberno municipal "porque non temos posiblidades orzamentarias para atendelas".

O grupo municipal socialista presentou 4 alegacións, todas elas en forma de proposta para "mellorar a funcionalidade e a estética do lugar", anunciaba o portavoz dos socialistas no concello carballiñés, Paco Fumega.

As aportacións socialistas pretendian o empedrado dos camiños peonís previstos na futura praza, que se executarán a base de xábrego. Ademáis, propoñían a construcción dunha "fonte claustral na parte dereita da Veracruz", tal como xa deseñara no proxecto orixinal o arquitécto Palacios, e tamén a creación dun parque de xogos infantís, que estaría protexido "con árbores e mesas de pedra que permitise crear espazos de sombra".

Ningunha das aportacións serán tidas en conta "xa que para poder introducir estas melloras necesitaríamos renunciar a outras que xa foron contempladas neste reformado do proxecto, neste momento temos que adaptarnos ó orzamento que temos, aínda que non descartamos que cara o futuro poidamos acometer algunha destas melloras", dixo.

Magín Daparte lamentou que "estas propostas cheguen tan tarde e non se presentaran no seu dia cando dese o concello se pretendeu chegar ao consenso social con este proxecto".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/rexeitadas-alegaci%C3%B3ns-presentadas-ao-proxecto-da-praza-da-veracruz

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/rexeitadas-alegacións-presentadas-ao-proxecto-da-praza-da-veracruz [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/rexeitadas-alegacións-presentadas-ao-proxecto-da-praza-da-veracruz [3] whatsapp://send?text=Rexeitadas as alegacións presentadas ao proxecto da Praza da Veracruz http://copecarballino.es/novas/rexeitadas-alegacións-presentadas-ao-proxecto-da-praza-da-veracruz [4] http://copecarballino.es/print/43163