Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > San Amaro pretende conseguir o custo cero no gasto eléctrico da casa do concello

8, Novembro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Para elo instalará un sistema de placas solares fotovoltaicas que abastecerá as necesidades enerxéticas do edificio municipal.

O Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez, avanzou nesta emisora de radio que "con este sistema de aforro enerxético non só conseguirémos o custo cero para a electricidade que necesita o consistorio, senón que servirá para cambear o sistema de calefacción, que na actualidade é de gasoleo por outro eléctrico". O rexedor municipal explicou tamén que "o coste de mantemento do sistema é minimo, polo que o aforro vai ser importante".

A Xunta de Goberno adxudicou o proxecto, que representa un invstimento de 40.000 euros, dos que o concello de San Amaro tan só aportará o 20%, xa que o 80% do custo cubrese por medio dunha subvención autonómica do fondo de cooperación medio-ambiental.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/san-amaro-pretende-conseguir-o-custo-cero-no-gasto-el%C3%A9ctrico-da-casa-do-concello

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/san-amaro-pretende-conseguir-o-custo-cero-no-gasto-eléctrico-da-casa-do-concello [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/san-amaro-pretende-conseguir-o-custo-cero-no-gasto-eléctrico-da-casa-do-concello [3] whatsapp://send?text=San Amaro pretende conseguir o custo cero no gasto eléctrico da casa do concello http://copecarballino.es/novas/san-amaro-pretende-conseguir-o-custo-cero-no-gasto-eléctrico-da-casa-do-concello [4] http://copecarballino.es/print/43168