Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Critican ao concello do Irixo "por organizar unha paparota con diñeiro público"

13, Novembro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Aseguran que foi o tenente-alcalde Manuel Cerdeira o encargado de convidar desde o teléfono da casa do concello a esta festa na que os asistentes degustaron chourizos, empanada, panceta, pan, viño, chocolate e licór café.

O menú era de balde "convidaba o concello" e á convocatoria celebrada o pasado sábado asistiron arredor das 300 persoas "a maioria delas afíns o grupo de goberno", según poñen de manifesto veciños críticos con esta festa de magosto na que tampouco faltou a actuación de grupos musicais e incluso unha sesión de fogos artificiais.

"O Alcalde perdeu a confianza e pretende recuperala dando pan e circo como se estivese na Roma dos emperadores, quere ser emperador pero non ten imperio" comentou no programa "A mañá de COPE" Luis González Tosar, veciño do Irixo, e apostilou "foi unha chourizada impresentable nestes momentos de crise e recortes, é unha provocación que un alcalde organice e convide a unha paparota, porque pensa que asi compra as vontades, e as vontades das persoas non se mercan no bandullo".

"Ao alcalde, ao que tanto lle preocupaban os postos de traballo dos seus veciños, gasta os fondos municipais en paparotas, e segue mantendo a exclusividade súa e do tenente alcalde cobrando entgre ambos aproximadamente 50.000 euros ao ano", comentaba José Castro.

Pola súa parte, desde a "Coordenadora veciñal Incineradora no Irixo Non", que organizou un magosto na carballeira do Campo no que cada asistente pagou 20 euros, lamentan "que o alcalde siga dividindo aos veciños con este tipo de actitudes".

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/critican-ao-concello-do-irixo-por-organizar-unha-paparota-con-di%C3%B1eiro-p%C3%BAblico

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/critican-ao-concello-do-irixo-por-organizar-unha-paparota-con-diñeiro-público [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/critican-ao-concello-do-irixo-por-organizar-unha-paparota-con-diñeiro-público [3] whatsapp://send?text=Critican ao concello do Irixo [4] http://copecarballino.es/print/43172