Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Unha adenda no convenio coa Xunta retrasa as obras da Praza da Veracruz e Adro Novo anuncia movilizacións

6, Decembro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O periodo de exposición pública do proxecto retrasou inicialmente o inicio das obras previstas para este derradeiro trimestre do ano, agora a Xunta esixe unha adenda no convenio para executar as obras nos primeiros meses de 2013.

Asi o explicou nesta emisora de radio o alcalde do Carballiño "poidemos axilizar a obra dende que no pasado mes de setembro asinamos o convenio coa Xunta se non fixeramos a exposición pública do proxecto, pero entendimos que merecía a pena unha espera e completar un expediente inmaculado que nos evitase calquera posible problema".

Marnotes afirmou que foi a Xunta quen "nos informa que unha vez xa obra no seu poder toda a documentación advírtese que temos que facer unha adenda a ese convenio para que o proxecto poida inciarse e rematarse xa nos primeiros meses de 2013, non hai ningún outro problema máis que este trámite administrativo, xa que a Xunta dispón xa de toda a documentación solicitada, incluída a cesión dos terreos que son propiedade do bispado, e tamén ten feita a consignación económica, asi que non hai ningún outro problema", asegurou o rexedor municipal.

"Adro Novo" anuncia movilizacións

A asociación carballiñesa, que no seu dia esixira a paralización do anterior proxecto, anuncia agora que volverá a exercer medidas de presión no caso de que as obras non se reanuden de inmediato.

Dan de prazo atá final de ano "para que se derruben os muros da discordia e se retomen as obras para poñer fin a esta vergonza, son xa moitos meses de retraso na execución do proxecto".

Os responsables da asociación fan un chamamento ao alcalde do Carballiño "para que exerza o seu liderazgo, que exerxa como representante de todos os carbaliñeses e esixa á Xunta que de forma inmediata cumpla os compromisos adquiridos".

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/unha-adenda-no-convenio-coa-xunta-retrasa-obras-da-praza-da-veracruz-e-adro-novo-anuncia

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-adenda-no-convenio-coa-xunta-retrasa-obras-da-praza-da-veracruz-e-adro-novo-anuncia [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-adenda-no-convenio-coa-xunta-retrasa-obras-da-praza-da-veracruz-e-adro-novo-anuncia [3] whatsapp://send?text=Unha adenda no convenio coa Xunta retrasa as obras da Praza da Veracruz e Adro Novo anuncia movilizacións http://copecarballino.es/novas/unha-adenda-no-convenio-coa-xunta-retrasa-obras-da-praza-da-veracruz-e-adro-novo-anuncia [4] http://copecarballino.es/print/43189