Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A iluminación artística do nadal chega este ano a todas as parroquias do municipio

12, Decembro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello invstirá 6.500 euros nos gastos da iluminación artística do nadal que "por vez primeira chegará ás 15 parroquias do rural, ademáis das rúas da vila", salientou o concelleiro de cultura do Carballiño.

Rodrigo González explicaba nesta emisora de radio que "será o concello quen asuma este gasto na súa totalidade, fixemos unha invitación aos hosteleiros e comerciantes para que colaboraran, pero entendemos que os tempos non son os mellores". O concelleiro entende que malia o recorte económico para as actividades do nadal "facemos un esforzo para que a ambientación chegue a todas a parroquias, e incluso haberá algunhas outras novidades na Praza Maior e na rotonda da casa Azul".

O arranque da iluminación faráse o venres 14 de decembro ás 7 da tarde, antes, as 6 da tarde celebraráse unha festa infantil na Praza Maior que servirá para iniciar a programación de nadal do concello do Carballiño, que se prolongará atá a festividade de reis.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/iluminaci%C3%B3n-art%C3%ADstica-do-nadal-chega-este-ano-todas-parroquias-do-municipio

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/iluminación-artística-do-nadal-chega-este-ano-todas-parroquias-do-municipio [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/iluminación-artística-do-nadal-chega-este-ano-todas-parroquias-do-municipio [3] whatsapp://send?text=A iluminación artística do nadal chega este ano a todas as parroquias do municipio http://copecarballino.es/novas/iluminación-artística-do-nadal-chega-este-ano-todas-parroquias-do-municipio [4] http://copecarballino.es/print/43194