Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O goberno municipal proxecta a peonalización da rúa Curros Enríquez

20, Decembro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde do Carballiño, o proxecto tomará forma no transcurso de 2013.

Marnotes respondia en directo as preguntas dos oíntes de COPE O Carballiño cando, referindose a un estudo que está a realizar o goberno municipal para mellorar as condicións do tráfico no casco urbano, avanzou que "está dentro da nosa idea acometer a peonalización de Curros Enríquez, porque entendemos que sería moi interesante para O Carballiño que esa futura praza da Veracruz tivese unha continuidade por zona peonil".

Según o comentado polo rexedor municipal "nesta rúa solo hai un garaxe en todo ese tramo, que vai desde o cruce de Conde Vallellano ata a praza de San Ramón´", polo tanto tan so quedaría aberto o tráfico o tramo que vai desde a praza de San Ramón ata o cruce dos Catro Camiños. A intención dos gobernantes municipais é avanzar neste proxecto durante o ano que ven "que se completaría con algunhos cámbeos na zona para reordenar o circulación de vehículos", anunciou o alcalde.

Ún deses cámbeos afectaría a rúa Martínez Avellanosa, entre a rotonda da N-541 e o cruce por Enríquez Parrondo, que pasaría a ter un único sentido aberto para a circulación e ampliaría o número de prazas de aparcamento, que se faría en batería.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-goberno-municipal-proxecta-peonalizaci%C3%B3n-da-r%C3%BAa-curros-enr%C3%ADquez

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-goberno-municipal-proxecta-peonalización-da-rúa-curros-enríquez [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-goberno-municipal-proxecta-peonalización-da-rúa-curros-enríquez [3] whatsapp://send?text=O goberno municipal proxecta a peonalización da rúa Curros Enríquez http://copecarballino.es/novas/o-goberno-municipal-proxecta-peonalización-da-rúa-curros-enríquez [4] http://copecarballino.es/print/43201