Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Multitudinario recibimento aos Reis Magos no Carballiño

5, Xaneiro 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A tarde de sol invernal que tivemos no Carballiño e a coincidencia deste 5 de xaneiro en dia sábado fixeron que a tradicional cabalgata de reis tivese este ano un extraordinario ambiente.

Por segundo ano consecutivo, Melchor, Gaspar e Baltasar fixeron máxico acto de aparición na torre do templo da Veracruz, unha iniciativa coa que desde o concello quixo dárselle identidade carballiñesa a este espectáculo, promocionando a xoia arquitectónica de Palacios.

Tanto na rúa Evaristo Vaamonde, desde onde partíu a comitiva,como durante o seu recorrido polas rúas carballiñesas, asi como finalmente na Praza Maior, un público moi hetereoxéneo, nenos, pais e abós, acompañaron aos reis durante a súa estanza no Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/multitudinario-recibimento-aos-reis-magos-no-carballi%C3%B1o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/multitudinario-recibimento-aos-reis-magos-no-carballiño [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/multitudinario-recibimento-aos-reis-magos-no-carballiño [3] whatsapp://send?text=Multitudinario recibimento aos Reis Magos no Carballiño http://copecarballino.es/novas/multitudinario-recibimento-aos-reis-magos-no-carballiño [4] http://copecarballino.es/print/43209