Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello de Boborás celebra o "XIII Cross Popular"

13, Xaneiro 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O vindeiro  día 20 de xaneiro terá lugar o “XIII Cross Popular Concello de Boborás”, que inclúe a proba de Canicross que este ano ao igual que o anterior puntuará dentro da Liga Galega desta modalidade e que vai xa pola súa V edición.

Ademais nesta ocasión tamén haberá unha exhibición canina a cargo de Sergio Sánchez Cuerva, que entre outros títulos foi campión de España nesta modalidade no 2009.

A proba dará comezo ás 10.30 horas, e ao remate das mesma haberá un catering no pavillón polideportivo municipal, a organización corresponde ao concello de Boborás.

As inscricións dos adultos será a través da web: www.championchipnorte.com [5]  ata o mércores 16 de xaneiro ás 15.00 horas, mentres que a dos menores de idade poderase facer nas propias oficinas municipais, no teléfono 988402008 ou no correo cultura@boboras.org [6].

O custo da inscrición é de 4 € para os adultos e 1 € máis polo aluguer do chip só para aqueles que nos dispoñan do mesmo. No caso dos menores de idade o custo é totalmente gratuíto.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-bobor%C3%A1s-celebra-o-xiii-cross-popular

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boborás-celebra-o-xiii-cross-popular [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boborás-celebra-o-xiii-cross-popular [3] whatsapp://send?text=O Concello de Boborás celebra o [4] http://copecarballino.es/print/43217 [5] http://www.championchipnorte.com/ [6] mailto:cultura@boboras.org