Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello do Irixo executou obra pública en dúas eiras privadas na localidade de As Laxas

14, Xaneiro 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi o afirmou nesta emisora de radio o concelleiro socialista do Irixo, Javier Rodríguez "unha mostra máis das trapalladas desde alcalde, que perdeu completamente o norte", denunciou.

Según a documentación que obra en poder do concelleiro "estas obras pagaronse con diñeiro público procedente dunha subveción da Xunta por importe de 300.000 euros, o grave é que parte dese diñeiro investiuse en 2 eiras privadas no lugar de As Laxas, unha delas propiedade da familia do alcalde".

O sorprendente, según o relato do representante do PSdG na corporación municipal, é que para facilitar esa obra executada con diñeiro público "o concello do Irixo xustificou a cesión dos terreos por parte dunha suposta asociación de veciños, aínda que esa suposta cesión tería sido posterior á execución da obra", afirma.

Javier Rodríguez considera que "éste é un exemplo máis da política do tran-tran e da trapallada que ten por costume practicar o alcalde do Irixo, está mal acostumado a facer o que lle da a gana e asi non se pode gobernar un concello, e outra proba delo é o que está acontecendo coa actualización do inventario municipal, estáse facendo a toda presa e sen informar ós veciños, non sabemos a que ven tanta celeridade neste asunto", manifestou.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-irixo-executou-obra-p%C3%BAblica-en-d%C3%BAas-eiras-privadas-na-localidade-de-laxas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-irixo-executou-obra-pública-en-dúas-eiras-privadas-na-localidade-de-laxas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-irixo-executou-obra-pública-en-dúas-eiras-privadas-na-localidade-de-laxas [3] whatsapp://send?text=O Concello do Irixo executou obra pública en dúas eiras privadas na localidade de As Laxas http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-irixo-executou-obra-pública-en-dúas-eiras-privadas-na-localidade-de-laxas [4] http://copecarballino.es/print/43219