Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > AGE insta á Xunta para que proceda á apertura da nova residencia de maiores do Carballiño

15, Xaneiro 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O deputado da Alternativa Galega de Esquerda  David Fernández, acompañado dos resposables locais da coalición, criticaron o estado no que se encontran as instalacións da nova residencia de maiores do Carballiño.

O edficio, que foi construído na etapa do goberno bipartito, e no que se investiran arredor dos 4 millóns de euros, permanece pechado e sen actividade dende que a obra foi rematada, fai agora aproximadamente unhos catro anos atrás. A idea que se avanzara no seu dia era que esta nova residencia de maiores do Carballiño acollese a persoas dependentes, estaba prevista a creación dunhas 100 prazas para residentes, e apuntárase que a súa apertura crearía preto dos 100 postos de traballo.

O deputado de AGE referíuse á partida económica que se contempla nos orzamentos autonómicos de 2013 "sabemos que son 300.000 euros, pero non sabemos para qué fin é esta partida", tampouco pudo aclarar o deputado se o investimento previsto se refire ás novas instalacións ou a actúal residencia de maiores que dende fai anos está aberta nesta mesma zona, no Cornuval.

David Fernández avanzou, en todo caso, que a súa formación vai instar á Xunta "para que proceda de inmediato á apertura desta nova residencia, que sería tan importante para a comarca do Carballiño, pero lamentablemente ésta é a política da actúal Xunta, infraestructuras nas que se investíu e permanecen pechadas e sen ningún tipo de actividade".

Neste mesmo contexto, o deputado de Alternativa Galega de Esquerda, puxo como exemplo a residencia de tempo libre do Carballiño -para a que os orzamentos autonómicos deste ano fixan un investimento de 250.000 euros-  lamentando "que só permaneza con actividade unhos poucos meses ó ano".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/age-insta-xunta-para-que-proceda-apertura-da-nova-residencia-de-maiores-do-carballino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/age-insta-xunta-para-que-proceda-apertura-da-nova-residencia-de-maiores-do-carballino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/age-insta-xunta-para-que-proceda-apertura-da-nova-residencia-de-maiores-do-carballino [3] whatsapp://send?text=AGE insta á Xunta para que proceda á apertura da nova residencia de maiores do Carballiño http://copecarballino.es/novas/age-insta-xunta-para-que-proceda-apertura-da-nova-residencia-de-maiores-do-carballino [4] http://copecarballino.es/print/43220