Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello do Carballiño cede á Deputación a xestión do servizo de animais abandoados e aplaza o novo convenio para a recollida do lixo

31, Xaneiro 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As instalacións da Medela pasarán a integrarse nunha rede provincial de custodia de animais abandoados tralo acordo da corporación municipal adoptado cos votos a favor do grupo de goberno e a abstención da oposición.

O alcalde carballiñes defendeu as "vantaxes deste convenio" que o concello suscribe coa Deputación Provincial, mesmo dende o punto de vista económico, xa que "dos 43.000 euros de gasto anual que ten este servizo para o concello, vai pasar a pagar 14.000 euros, o que siñifica un aforro moi importante". Marnotes tamén mantén que mellorarán as condicións nas que se presta o servizo.

Tanto PSOE e BNG optaron pola abstención. O Socialista Antonio Mateo explicaba o voto "pola falla dun informe técnico e de viabilidade, que a dia de hoxe non existe". A Concelleira do BNG ve aspéctos "pouco claros" na redacción do convenio, Áurea Francisco teme que o convenio conduza "á masificación e o amoreamento de animais".

A corporación aplazou o debate e acordo sobre o convenio -a suscribir tamén coa Deputación para a xestión da recollida do lixo no municipio do Carballiño- que volverá presentarse ao pleno unha vez estea aprobado o orzamento municipal para 2013.

Por unanimidade aprobouse a proposta do PSdG para a creación dun consorcio de concellos que manteña operativo o Grupo Municipal de Intervención Rápida, aínda cando estea xa operativo o parque de bombeiros. Os 3 grupos políticos consideran que poden ser compatibles e complementarios ámbos servizos.

Finalmente, o grupo popular rexeitou unha moción do BNG a favor "dunha xestión ecolóxica e sustentábel do lixo" na que se pedía que a Xunta descartase a construcción dunha nova incineradora en Galicia e apostase no seu lugar por un novo modelo para o tratamento do lixo promovendo complexos comarcais de reciclaxe e compostaxe.  O Alcalde e tamén o portavoz do PP, Martín Nogueira xustificaron que "nin temos competencias nin lle corresponde a este pleno estas decisións, pero a nosa postura xa quedou clara cando nos manifestamos contra a instalación da incineradora do Irixo, todos nós pretendemos un mundo máis limpo e sostible pero esto non é Alicia no país das maravillas, sobran demagoxias", suliñaron os responsables do goberno carballiñés.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-cede-deputacion-xestion-do-servizo-de-animais-abandoados-e-aplaza-o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-cede-deputacion-xestion-do-servizo-de-animais-abandoados-e-aplaza-o [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-cede-deputacion-xestion-do-servizo-de-animais-abandoados-e-aplaza-o [3] whatsapp://send?text=O Concello do Carballiño cede á Deputación a xestión do servizo de animais abandoados e aplaza o novo convenio para a recollida do lixo http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-cede-deputacion-xestion-do-servizo-de-animais-abandoados-e-aplaza-o [4] http://copecarballino.es/print/43229