Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os Socialistas denuncian a "deixadez" do alcalde polo mal estado das rúas de Leiro e Cubilledo

25, Febreiro 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O portavoz socialista lamenta o mal estado das rúas Casanova, Estévez, Carrerira, Padre Eiján e Poreleira, asi como varios camiños no pobo de Cubilledo.

O Grupo Municipal Socialista de Leiro con rexistrou duas mocións nas que insta ó concello a que fiaga un Plan Integral Xeral para reparar as rúas do casco urbán de Leiro, así como facer melloras enerxéticas e de pavimentación  nas rúas do pobo de Cubilledo, na parroquia de Gomariz.

 O portavoz do PSdG no concello de Leiro, Manuel Rodríguez  denuncia que non sexa o alcalde o que por iniciativa propia  repare as rúas de Leiro que presentan un estado lamentable a nivel calzada, recollida de augas, buratos e desniveis considerables, no caso das rúas do pobo de Cubilledo en Gomariz a falta de melloras enerxéticas e de pavimentación, obrigaron ós veciños a presentar  firmas expresando o seu malestar ante esta situación.

 Por último o Grupo Municipal Socialista de Leiro, reclama que o alcalde inclua este Plan Integral de Mellora das  rúas do casco urbán de Leiro, e as melloras enerxéticas e de pavimentación do pobo de Cubilledo na partida presupuestaria Municipal para o 2013, e no primero caso incluso no Plan Provincial 2013.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-denuncian-deixadez-do-alcalde-polo-mal-estado-das-r%C3%BAas-de-leiro-e-cubilledo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-denuncian-deixadez-do-alcalde-polo-mal-estado-das-rúas-de-leiro-e-cubilledo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-denuncian-deixadez-do-alcalde-polo-mal-estado-das-rúas-de-leiro-e-cubilledo [3] whatsapp://send?text=Os Socialistas denuncian a [4] http://copecarballino.es/print/43248