Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Concello do Carballiño convocará dúas prazas de Policia Local

12, Marzo 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi o anunciou nesta emisora de radio o Alcalde Argimiro Marnotes, o concello acolleráse a posibilidade do 10% de reposición de prazas outorgado polo goberno, e convocará dúas prazas de axentes na Policia Local do Carballiño.

Marnotes explicou que varios axentes que forman na actualidade parte da Policia Local están próximos a xubilación ou pasar a segunda actividade, polo que é intención do goberno municipal proceder á convocatoria para cubrir esas baixas "para desta maneira poder seguir contando con este servizo de policia as 24 horas, xa que O Carballiño é a única vila da provincia que conta con servizo de Polica Local de forma permanente, incluido o horario nocturno", subliñou o rexedor municipal.

A convocatoria vaise contemplar tanto na RPT como nos orzamentos municipais, en fase de elaboración "e ademáis seguirémos mantendo os contratos temporais de Axiliares de Policia, que prestarán o seu apoio durante a época de máis carga de traballo, coincidindo cos meses de verán", manifestou o alcalde carballiñés.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-convocara-duas-prazas-de-policia-local

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-convocara-duas-prazas-de-policia-local [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-convocara-duas-prazas-de-policia-local [3] whatsapp://send?text=O Concello do Carballiño convocará dúas prazas de Policia Local http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-convocara-duas-prazas-de-policia-local [4] http://copecarballino.es/print/43258