Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xustiza obriga a Novagalicia Banco a devolver a unha familia carballiñesa 72.960 euros de participacións preferentes e subordinadas

21, Marzo 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Trátase da contía máis elevada en Galicia que unha sentencia xudicial obriga a devolver dende que comezou esta problemática.

O fallo da sentencia do xulgado carballiñés declara a nulidade dos contratos "órdenes u operaciones en virtud de las cuales se les adjudicaron a los demandantes los citados productos bancarios". Según deu a coñecer o abogado Lisardo Núñez, da Asociación de Usuarios de Servicios Bancarios ( Ausbanc), que representou a esta familia de emigrantes carballiñeses, ademáis de devolver integramente os 72.960 euros investidos en participacións preferentes e débeda subordinada, a entidade bancaria é condenada a pagar os xuros devengados dende a sinatura do primeiro documento no ano 2004, e tamén ao pagamento dos gastos do procedemento xudicial.

O letrado explicou que este matrimonio de emigrantes carballiñeseses "eran clientes de toda a vida da Caixa de Aforros de Ourense e despois pasan a ser clientes de Caixanova, aos que un verán ofrecéceselles un producto que lle presentan como un privilexio para os mellores clientes e de máis antigüidade". O abogado de Ausbanc subliñou que "ata en tres ocasións distintas lle foron poñendo ao seu nome preferentes e subordinadas sin que nin xiquera se preocuparan de cumprir coa formalidade aparente de asinar esas órdes de compra presuntas aos clientes".

A sentencia xudicial recolle que "nunca ha existido contrato porque para que exista contrato tiene que existir un consentimiento sobre aquello que las partes presuntamente están contratando".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xustiza-obriga-novagalicia-banco-devolver-unha-familia-carballinesa-72960-euros-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xustiza-obriga-novagalicia-banco-devolver-unha-familia-carballinesa-72960-euros-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xustiza-obriga-novagalicia-banco-devolver-unha-familia-carballinesa-72960-euros-de [3] whatsapp://send?text=A Xustiza obriga a Novagalicia Banco a devolver a unha familia carballiñesa 72.960 euros de participacións preferentes e subordinadas http://copecarballino.es/novas/xustiza-obriga-novagalicia-banco-devolver-unha-familia-carballinesa-72960-euros-de [4] http://copecarballino.es/print/43264