Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Mancomunidade do Ribeiro promove o cooperativismo a través dunha exposición

1, Abril 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Consellería de Traballo despraza á sede da Mancomunidade do Ribeiro  a mostra ‘Descobre as cooperativas’ que presenta as potencialidades e solucións que ofrece este modelo empresarial.

A exposición permanecerá aberta ata o sábado 6 de abril na Mancomunidade do Ribeiro, na rúa Fondal de Beade, s/n. A iniciativa fai un percorrido polos elementos claves do modelo cooperativo: que son, que tipos hai, como funcionan, cales so os valores que defenden, que pasos dar ou que apoios existen para impulsar o emprendemento cooperativo.

Ao longo de algo máis de 100 metros cadrados, os visitantes poderán achegarse ao cooperativismo agrario ou ao autoemprego cooperativo dun xeito interactivo e dinámico.

A actividade intégrase na Rede Eusumo, unha estratexia de cooperación entre diferentes axentes públicos e asociativos orientada ao fomento da economía social para a xeración de emprego. Esta rede conta co apoio do Fondo Social Europeo. Precisamente, a Mancomunidade do Ribeiro desenvolve unha importante actividade de difusión do cooperativismo no marco da Rede Eusumo, nos concellos de Arnoia, Beade, Castrelo de Miño, Cenlle, Leiro e Cortegada.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/mancomunidade-do-ribeiro-promove-o-cooperativismo-trav%C3%A9s-dunha-exposici%C3%B3n

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/mancomunidade-do-ribeiro-promove-o-cooperativismo-través-dunha-exposición [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/mancomunidade-do-ribeiro-promove-o-cooperativismo-través-dunha-exposición [3] whatsapp://send?text=A Mancomunidade do Ribeiro promove o cooperativismo a través dunha exposición http://copecarballino.es/novas/mancomunidade-do-ribeiro-promove-o-cooperativismo-través-dunha-exposición [4] http://copecarballino.es/print/43270