Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O conselleiro de Medio Ambiente supervisa as melloras feitas no parque natural de Pena Corneira

15, Abril 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As actuacións feitas supuxeron un investimento de 64.000 euros que o goberno galego financia nun convenio coa Obra Social de "La Caixa".

O conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández, acompañado polo alcalde de Leiro, Francisco Fernández,  visitou as inmediacións de do monumento natural de Pena Corneira, onde se están a executar unha serie de actuacións para mellorar os hábitats naturais e a prevención de incendios, así como o acondicionamento de rutas.

A finalidade é lograr uns sistemas ecoloxicamente máis valiosos e estables no territorio da comunidade autónoma galega. Así, en Pena Corneira se repara e conserva o mobiliario existente mediante a reposición de pezas e táboas rotas ou defectuosas, lixa e aplica lasur (imprimación protectora) sobre elementos de madeira, repara o peitoril do Miradoiro coa reposición de barrotes e os chanzos de acceso ao miradoiro, coloca e repara os indicadores de dirección e orientación e paneis informativos.

Outros dos traballos previstos consisten no acondicionamento de estanques na explanada de acceso á área de lecer: limpeza, baleirado e colocación de muro perimetral de protección con cachotes de pedra granito das canteiras da zona e a mellora e saneo da explanada, mediante a colocación de tubaxe de drenaxe de recollida de augas subterráneas que anegan a zona na época de chuvias.
 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-medio-ambiente-supervisa-melloras-feitas-no-parque-natural-de-pena-corneira

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-medio-ambiente-supervisa-melloras-feitas-no-parque-natural-de-pena-corneira [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-medio-ambiente-supervisa-melloras-feitas-no-parque-natural-de-pena-corneira [3] whatsapp://send?text=O conselleiro de Medio Ambiente supervisa as melloras feitas no parque natural de Pena Corneira http://copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-medio-ambiente-supervisa-melloras-feitas-no-parque-natural-de-pena-corneira [4] http://copecarballino.es/print/43284