Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Cae un 13% a venda de vivendas no municipio carballiñés

19, Abril 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi o confirman os datos oficiais do Ministerio da Vivenda, no ano 2012 rexistraronse 112 transaccións fronte ás 129 do ano 2011.

As operacións de compra-venda recollen tanto as vivendas novas como as de segunda man. No resto dos concellos,  o maior número de transaccións durante o ano 2012 foi en Maside, onde se rexistraron 9, seguido de San Amaro, que contabilizou 7 vendas de vivendas. Nos concellos de Leiro e Avión, realizaronse -respectivamente- 6 operacións de compra venda de vivendas. Dúas en Beariz e Punxín, e unha en Piñor.

Finalmente, nos municipios de San Cristovo de Cea, Boborás e O Irixo, non se fixo ningunha transacción de vivenda durante o ano 2012, según os datos do Ministerio da Vivenda.

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/cae-un-13-venda-de-vivendas-no-municipio-carballi%C3%B1%C3%A9s

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cae-un-13-venda-de-vivendas-no-municipio-carballiñés [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cae-un-13-venda-de-vivendas-no-municipio-carballiñés [3] whatsapp://send?text=Cae un 13% a venda de vivendas no municipio carballiñés http://copecarballino.es/novas/cae-un-13-venda-de-vivendas-no-municipio-carballiñés [4] http://copecarballino.es/print/43286