Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño e Cea acollen o campionato de seleccións autonómicas de Fútbol-Sala

3, Maio 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os polideportivos de O Carballiño e Cea acollerán os partidos durante os dias 10, 11 e 12 de Maio neste campionato no que participarán os equipos de cinco seleccións autonómicas.

Xunto co edil de deportes do Carballiño Rodrigo González,  estiveron na presentación o vicepresidente da federación ourensana de futbol sala, Javier, Caldas "Butra", o seleccionador galego Colmenero, o edil de Deportes de Cea Roberto Vázquez, e a secretaria xeral da federación galega.
Serán cinco as comunidades autónomas que participan neste campionato, as absolutas de Castela León, Castela a Mancha, Valencia, Extremadura e Galicia, esta última que defende o título nesta fase final. Cada unha das autonomías presenta equipos masculino, feminino e xuvenil. Os partidos, que empezarán o venres 10 de maio, repartiranse da seguinte forma: as seleccións masculinas xogarán no pavillón Paco Chao, a xuvenil no anexo do Paco Chao e as seleccións femininas no pavillón de Cea.
Todas as finais xogaránse o domingo no pavillón Paco Chao do Carballiño. Nesas finais repartiranse 350 camisetas conmemorativas deste campionato entre os asistentes a este espectáculo deportivo.

 

[5]

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-carballi%C3%B1o-e-cea-acollen-o-campionato-de-selecci%C3%B3ns-auton%C3%B3micas-de-f%C3%BAtbol-sala

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballiño-e-cea-acollen-o-campionato-de-seleccións-autonómicas-de-fútbol-sala [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballiño-e-cea-acollen-o-campionato-de-seleccións-autonómicas-de-fútbol-sala [3] whatsapp://send?text=O Carballiño e Cea acollen o campionato de seleccións autonómicas de Fútbol-Sala http://copecarballino.es/novas/o-carballiño-e-cea-acollen-o-campionato-de-seleccións-autonómicas-de-fútbol-sala [4] http://copecarballino.es/print/43300 [5] http://copecarballino.es/image/os-participantes-no-acto-de-presentaci%C3%B3n-do-campionato-0