Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A segunda Galiña Azul construiráse ao lado do colexio infantil do antigo campo da feira

8, Maio 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi a anunciou o alcalde do Carballiño no transcurso dunha entrevista nesta emisora de radio. Ubicaráse nun edificio de nova construcción e o proxecto terá un orzamento de 410.000 euros.

Tras barallarse varias posibilidades, finalmente optouse por esta ubicación "porque asi o consideraron os técnicos da consellería, asi nolo fixeron ver e asi o decimos", manifestou en COPE o alcalde Argimiro Marnotes. Tamén anunciou que na próxima sesión que celebre a corporación municipal neste mes de Maio "previsiblemente o xoves da semana que ven xa levarémos ó pleno o convenio coa consellería para facer realidade este proxecto, que pola demanda que temos constanos que é moi necesaria para O Carballiño".

A segunda Galiña Azul, para cativiños ata os 3 anos de idade, terá inicialmente 40 prazas "aínda que despois poderían ampliarse", subliñou Marnotes. Para a execución do proxecto, o concello do Carballiño deberá aportar 170.000 euros.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/segunda-gali%C3%B1a-azul-construir%C3%A1se-ao-lado-do-colexio-infantil-do-antigo-campo-da-feira

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/segunda-galiña-azul-construiráse-ao-lado-do-colexio-infantil-do-antigo-campo-da-feira [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/segunda-galiña-azul-construiráse-ao-lado-do-colexio-infantil-do-antigo-campo-da-feira [3] whatsapp://send?text=A segunda Galiña Azul construiráse ao lado do colexio infantil do antigo campo da feira http://copecarballino.es/novas/segunda-galiña-azul-construiráse-ao-lado-do-colexio-infantil-do-antigo-campo-da-feira [4] http://copecarballino.es/print/43306