Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Movemento Rural Cristián de Galicia recoñece a labor do Párroco de Loureiro

10, Maio 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Máis de 400 persoas participaron este sábado nun encontro rural no campo da festa da parroquia de Loureiro, como un recoñecemento ao movemento cooperativista que promoveu nesta parroquia o crego Antonio González.

Cada ano, nas datas arredor da festividade de San Isidro, este movemento xuntase alí onde "o rural móvese". Desta vez, elexíuse O Irixo como expresión dun concello rural no que durante o ano pasado levouse a cabo un movemento opositor á instalación dunha incineradora de lixo, e tamén como acto de recoñecemento ao Párroco de Loureiro, fundador da Cooperativa de Santa Mariña de Loureiro.

Coa organización colaborou o Concello do Carballiño, coa instalalación dunha carpa na que xantaron os asistentes a esta xornada amenizaron gaiteiros e músicos do Irixo.

O encontro pretende trasladar a idea de "que o rural galego e a xente que nel reside está vivo" e desenvolveuse baixo o lema "con honradez e dereitos mellorarémos a vida".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-movemento-rural-cristian-de-galicia-reconece-labor-do-parroco-de-loureiro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-movemento-rural-cristian-de-galicia-reconece-labor-do-parroco-de-loureiro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-movemento-rural-cristian-de-galicia-reconece-labor-do-parroco-de-loureiro [3] whatsapp://send?text=O Movemento Rural Cristián de Galicia recoñece a labor do Párroco de Loureiro http://copecarballino.es/novas/o-movemento-rural-cristian-de-galicia-reconece-labor-do-parroco-de-loureiro [4] http://copecarballino.es/print/43309