Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os Socialistas de Leiro critican "a deixadez do alcalde do concello"

26, Maio 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Grupo Municipal Socialista de Leiro rexistrou dous escritos nos que instan ao alcalde a que atenda as necesidades do municipio.

Manuel Rodríguez, o portavoz socialista, lamenta "que non se tomen medidas para mellorar a  vida dos cidadáns, e denuncia as deficiencias que afectan ó concello, como as árbores que sobresaen do muro dun veciño a via pública de Gabino Bugaball que poñen en perigo os vehículos e os viandantes".

O Grupo Municipal Socialista critica que non se tomen medidas para arranxar a entrada principal da igrexa parroquial de Leiro na súa marxe dereita, coa calzada moi deteriorada,e na rúa Gabino Bugaball a altura do Centro de Saúde, onde estanse a levantar numerosas lousas da beirarrúa.

Por último o portavoz socialista pon de manifesto "a falta de preocupación do alcalde que chega a extremos  de deixar a un único veciño do núcleo de Barro sen luz",  e instan ao alcalde a que inclua unha luminaria no plan provincial deste ano,  e que a empresa concesionaria da estrada EIXO DO RIBEIRO  o seu paso polo termo municipal, a altura da Esperela arranxe os desperfectos das beirarruas, "deficiencias estas denunciadas polo grupo municipal dende fai moito tempo", afirma.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-de-leiro-critican-deixadez-do-alcalde-do-concello

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-de-leiro-critican-deixadez-do-alcalde-do-concello [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-de-leiro-critican-deixadez-do-alcalde-do-concello [3] whatsapp://send?text=Os Socialistas de Leiro critican [4] http://copecarballino.es/print/43320