Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Enquisa COPE : a maioria dos consultados da rúa Curros Enríquez están en contra da peonalización

8, Xuño 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os propietarios dos establecementos comerciais e de hostelería da rúa Curros Enríquez rexeitan mairoritariamente o proxecto de peonalización que promove o grupo municipal de goberno, entre o resto dos veciños residentes a opinión está máis dividida.

Esta emisora de radio realizou unha enquisa na que se pode concluir que unha ampla maioría dos consultados son reacios á peonalización, tan so entre os hosteleiros encontramos unha opinión máis favorable ao proxecto que convertiría en peonil a rúa Curros Enríquez, no tramo que vai dende Conde Vallellano ata a Praza de San Ramón.

Outros dos consultados non o teñen aínda claro "non estou dacordo nin en desacordo, seguramente no verán iría mellor pero no inverno aquí non viría ninguén", reflexionaba a propietarria de Pastelería Raquel. Sen embargo, ún dos comerciantes máis veteranos da rúa teno máis claro, o titular de Droguería Macarrias "rotundamente estou en contra, esta é unha rúa de saída cara o Cruce dos Catro Camiños, nunca pode ser peonil", dixo.

A maioria non comparten o proxecto, Rosa, de Máis Deporte, pide "maís zonas de aparcamento ou Zona Azul, pero creo que é un erro tanta rúa peonil no Carballiño", suliñou. Non obstante, tamén nos encontramos con algunhos partidarios da peonalización, sobre todo entre os hosteleiros "eu creo que lle iría ben a todo o mundo, pero incluso podería probarse durante un tempo, facer unha experiencia piloto durante unhos meses, a ver como funciona", propuxo Moncho.

As entrevistas poderán escoitarse durante esta semana que ven no programa "A mañá de Cope O Carballiño". Ademáis, o lúns 10 e o martes 11 o Alcalde do Carballiño reuniráse tanto cos comerciantes e hosteleiros como cos veciños, para presentarlle o proxecto e escoitar as súas opinións.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/enquisa-cope-maioria-dos-consultados-da-rua-curros-enriquez-estan-en-contra-da-peonalizacion

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/enquisa-cope-maioria-dos-consultados-da-rua-curros-enriquez-estan-en-contra-da-peonalizacion [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/enquisa-cope-maioria-dos-consultados-da-rua-curros-enriquez-estan-en-contra-da-peonalizacion [3] whatsapp://send?text=Enquisa COPE : a maioria dos consultados da rúa Curros Enríquez están en contra da peonalización http://copecarballino.es/novas/enquisa-cope-maioria-dos-consultados-da-rua-curros-enriquez-estan-en-contra-da-peonalizacion [4] http://copecarballino.es/print/43329