Desenrolado por coroa.es
O negocio da oficina carballiñesa será traspasado á sucursal que o banco manterá operativa na cidade de Ourense.
A oficina de Bankia no Carballiño, sita na rúa Curros Enríquez, pechará as suas portas antes do próximo mes de agosto. Aos traballadores, que son catro, a entidade ofrécelles a alternativa de baixas incentivadas e prexubilacións, fundamentalmente.
O banco nacionalizado pechará un total de 34 oficinas en Galicia, o que representa o 65% da actúal rede galega. As previsións apuntan a que tan só permanecerán abertas 15 oficinas en todo o territorio galego. Bankia pretendia traspasar estas oficinas a outros bancos, pero non tivo ofertas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/bankia-pecha-súa-sucursal-no-carballiño
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/bankia-pecha-súa-sucursal-no-carballiño
[3] whatsapp://send?text=Bankia pecha a súa sucursal no Carballiño http://copecarballino.es/novas/bankia-pecha-súa-sucursal-no-carballiño
[4] http://copecarballino.es/print/43331