Desenrolado por coroa.es
Os ecoloxistas tamén piden á Audiencia que procese penalmente a dous traballadores municipais, o encargado de persoal e a concelleira de medio ambiente da época, polos feitos rexistrados na canceira do Carballiño.
O suceso remontase aos primeiros meses de 2009, tras descubrirse a morte masiva de cans na instalación municipais, unhos feitos que corroborou daquéla a Garda Civil tras a denuncia dos ecoloxistas.
Dende entón o Xulgado carballiñés acorda o arquivo do caso, e sucesivamente, a Audiencia ordena que se practiquen dilixencias. Agora, tras o último auto do Xulgado carballiñés, os ecoloxistas volven presentar un novo recurso ante a Audiencia no que piden a suspensión do arquivo e ademáis solicitan o procesamento pola vía penal para as persoas con responsabilidade na canceira da Medela durante os primeiros meses de 2010, cando aconteceron os feitos denunciados.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/recorren-ante-audiencia-o-arquivo-do-caso-pola-morte-masiva-de-cans-no-ano-2009
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/recorren-ante-audiencia-o-arquivo-do-caso-pola-morte-masiva-de-cans-no-ano-2009
[3] whatsapp://send?text=Recorren ante a Audiencia o arquivo do caso pola morte masiva de cans no ano 2009 http://copecarballino.es/novas/recorren-ante-audiencia-o-arquivo-do-caso-pola-morte-masiva-de-cans-no-ano-2009
[4] http://copecarballino.es/print/43334