Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Cadavid condona unha parte importante da débeda e facilita a continuidade de C.D. Arenteiro

13, Xuño 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O club carballiñés ten asi garantida a súa continuidade como institución, tras a celebración dunha asamblea extraordinaria celebrada no salón de actos da casa do concello e a que asistiron 32 socios.

No transcurso da mesma Cadavid entregou o relevo na presidencia do club a Xan Pinal, que adquiríu o compromiso ante os socios de convocar unha nova asamblea extraordinaria nun prazo apróximado de 20 dias, na que presentará o seu equipo directivo e o proxecto social e deportivo, unha vez que se resolva tamén a incognita de saber en que categoria competirá a próxima tempada o club, na preferente ou en autónimica.

Cadavid deu conta das negociacións que culminaron unhas horas antes da asamblea, e que permiten entregar o relevo a un novo equipo directivo. O xa Expresidente condonou unha parte importante da débeda, que ascendia a 55.000 euros. Cadavid S.L. e Construcciones Balgón publicitaránse nas camisetas do equipo durante as próximas tempadas, é a única condición que puxeron para condonar 31.000 euros desa débeda. Desta maneira, a nova directiva asume unha débeda de 24.000 euros que deberán abonar durante o seu mandato.

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/cadavid-condona-unha-parte-importante-da-d%C3%A9beda-e-facilita-continuidade-de-cd-arenteiro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cadavid-condona-unha-parte-importante-da-débeda-e-facilita-continuidade-de-cd-arenteiro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cadavid-condona-unha-parte-importante-da-débeda-e-facilita-continuidade-de-cd-arenteiro [3] whatsapp://send?text=Cadavid condona unha parte importante da débeda e facilita a continuidade de C.D. Arenteiro http://copecarballino.es/novas/cadavid-condona-unha-parte-importante-da-débeda-e-facilita-continuidade-de-cd-arenteiro [4] http://copecarballino.es/print/43335