Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Novo record : unha ración de 260 kilos de polbo nun prato de 380 centímetros de diámetro

6, Agosto 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Misión conseguida, O Carballiño volveu establecer un novo record presentando o prato de polbo máis grande do mundo. 

Desta vez, o novo record quedou fixado nunha ración de polbo á feira elaborada polas polbeiras de Arcos, empregando 260 kilos de polbo. Foi preciso utilizar un prato de 380 centímetros de diámetro, un prato de madeira que realizou a brigada de Obras do Concello do Carballiño na nave da Uceira. Para o seu transporte e instalación na Praza Maior precisouse dun camión-grúa.

O acontecemento volveu despertar unha gran expectación e resultou un completo éxito de público, que encheu a Praza Maior do Carballiño, consolidandose desta maneira como o acto máis multitudinario da semana festiva do polbo, que culminará o vindeiro domingo coa gran polbada mundial no parque municipal do Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/novo-record-unha-raci%C3%B3n-de-260-kilos-de-polbo-nun-prato-de-380-cent%C3%ADmetros-de-di%C3%A1metro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/novo-record-unha-ración-de-260-kilos-de-polbo-nun-prato-de-380-centímetros-de-diámetro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/novo-record-unha-ración-de-260-kilos-de-polbo-nun-prato-de-380-centímetros-de-diámetro [3] whatsapp://send?text=Novo record : unha ración de 260 kilos de polbo nun prato de 380 centímetros de diámetro http://copecarballino.es/novas/novo-record-unha-ración-de-260-kilos-de-polbo-nun-prato-de-380-centímetros-de-diámetro [4] http://copecarballino.es/print/43377