Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os Socialistas demandan a xestión pública para o parque comarcal de bombeiros

26, Agosto 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O grupo socialista presentou unha moción na que defenderá ante a corporación carballiñesa que "o que se constrúe con cartos públicos non vaia a mans privadas".

"Ese parque de bombeiros que non se da rematdo nin se da posto a funcionar e que costou miles de euros de cartos públicos, e que agora será equipado tamén financiado co erario público, e que posteriormente como se fixo na meirande parte de Galicia  pasará a súa xestión a unha empresa privada, a que por suposto procurará obter  o máximo beneficio desa xestión e lucrarse", critican dende o Partido Socialista.

Non lles vale aos socialistas a xustificación que se da dende o Partido Popular sobre "a excusa da crise e a austeridade para privatizar todo", e como exemplo poñen o caso do parque de bombeiros do Deza, o único -afirman- de xestión pública "no que se pode comprobar que o gasto é moito menor ao ser xestioando públicamente".

O grupo municipal do PSdG_PSOE defende que "o parque de bombeiros do Carballiño sexa de xestión pública, dando asi mellor servizo e xerando emrpregos de calidade". Demandan do alcalde Argimiro Marnotes que "defenda os intereses do noso pobo e non do seu partido, e que demostre ter o peso político que ata agora non demostrou".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-demandan-xesti%C3%B3n-p%C3%BAblica-para-o-parque-comarcal-de-bombeiros

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-demandan-xestión-pública-para-o-parque-comarcal-de-bombeiros [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-demandan-xestión-pública-para-o-parque-comarcal-de-bombeiros [3] whatsapp://send?text=Os Socialistas demandan a xestión pública para o parque comarcal de bombeiros http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-demandan-xestión-pública-para-o-parque-comarcal-de-bombeiros [4] http://copecarballino.es/print/43389