Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O BNG impulsa a creación dunha Plataforma Comarcal de Emigrantes Pensionistas Retornados, afectados polas reclamacións da Axencia Tributaria

28, Setembro 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A convocatoria do BNG na casa da cultura do Carballiño reuníu a máis de 200 persoas, emigrantes retornados das comarcas do ribeiro e O Carballiño afectados por esta problemática.

Trala reunión, conducida pola deputada nacionalista Tareixa paz, quedou constituída a "Plataforma de Afectos do Carballiño-O Ribeiro", que coordenará unha comisión de 4 persoas de ambas comarcas.

A Axencia Tributaria ven comunicando nos últimos meses aos emigrantes retornados que reciben pensións do extraxeiro a obrigatoriedade de tributar por esas pagas, reclamandolles esas cantidades dende o ano 2008 e impoñendo sancións económicas. O BNG non entende "esta actitude do Partido Popular e do Sr. Montoro, tendo unha doble vara de medir, facendo amnistias fiscais para os grandes defraudadores e abusando deste xeito dos pensionistas", remarcou a deputada do Bloque Nacionalista Galego.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-bng-impulsa-creacion-dunha-plataforma-comarcal-de-emigrantes-pensionistas-retornados

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-impulsa-creacion-dunha-plataforma-comarcal-de-emigrantes-pensionistas-retornados [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-impulsa-creacion-dunha-plataforma-comarcal-de-emigrantes-pensionistas-retornados [3] whatsapp://send?text=O BNG impulsa a creación dunha Plataforma Comarcal de Emigrantes Pensionistas Retornados, afectados polas reclamacións da Axencia Tributaria http://copecarballino.es/novas/o-bng-impulsa-creacion-dunha-plataforma-comarcal-de-emigrantes-pensionistas-retornados [4] http://copecarballino.es/print/43410