Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Acusan ao alcalde do Irixo de "amañar" o congreso local do Partido Popular

4, Novembro 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Manuel Penedo foi proclamado como único candidato a presidir o PP do Irixo no congreso convocado para o dia 21 deste mes de novembro. Afiliados desta formación politica mostraron a súa sorpresa ante a información difundida por esta emisora de radio "desde o partido ninguén nos notificou nada", aseguran.

Manifestan o seu malestar ante esta falta de información "porque nin xiquera sabiamos que estaba convocado o congreso e tampouco que houbese un tempo para presentar candidaturas, é lamentable esta actitude e falta de democracia no Partido Popular do Irixo, ésto está todo atado e amañado", subliñou Antonio Bernárdez, que ademáis lamentou "que non se lle queira dar a oportunidade a outras persoas a poder presentarse, porque aquí no Irixo hai xente nova moi válida e  que está moi preparada, é lamentable que non se faga unha convocatoria aberta, transparente e democrática".

Consideran que sería positivo para o Partido Popular e para o concello do Irixo que houbese outras alternativas a Penedo "esto fano asi para asegurarse seguir controlando o concello, que é o que lle interesa, e a xente vaise cansando, é hora de renovar a política local, despois de 30 anos de tanto traballo supoño que estarán cansados e debería ser hora de tomarse un descanso", ironizou este veciño e afiliado do Partido Popular.

Según os datos recabados por esta emisora de radio son 70 os afiliados cos que conta o Partido Popular no Irixo "outra sorpresa, porque no PP do Irixo nunca pasamos de sete ou oito afiliados", asegurou Antonio Bernárdez.

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/acusan-ao-alcalde-do-irixo-de-amanar-o-congreso-local-do-partido-popular

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/acusan-ao-alcalde-do-irixo-de-amanar-o-congreso-local-do-partido-popular [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/acusan-ao-alcalde-do-irixo-de-amanar-o-congreso-local-do-partido-popular [3] whatsapp://send?text=Acusan ao alcalde do Irixo de [4] http://copecarballino.es/print/43439