Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Ningunha empresa optou a facerse coa concesión do servizo municipal de auga, que a partir de agora xestionará directamente o concello

10, Xaneiro 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concurso de licitación convocado polo concello de Punxín queda deserto ao non presentarse licitadores interesados en facerse coa adxudicación do servizo. O alcalde anuncia que non haberá nova convocatoria e será, polo tanto, o concello quen se fará cargo da xestión do servizo.

A comisión da auga, que promovera unha Iniciativa Popular que acadara o apoio de preto do sesenta por cento da poboación total do municipio, anunciou esta mañá por medio do seu portavoz Joaquín Moldes, que a Iniciativa será retirada, unha vez coñecida a decisión municipal.

A Iniciativa Popular, que sería a primeira en presentarse no ámbito comarcal, demandaba que se anulase o concurso de licitación e fose o concello quen se fixera cargo da xestión directa do servizo municipal de abastecemento de auga e saneamento no municipio de Punxín, como finalmente vai ser, según o anuncio do rexedor municipal, Manuel Vázquez.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/ningunha-empresa-optou-facerse-coa-concesion-do-servizo-municipal-de-auga-que-partir-de-agora

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/ningunha-empresa-optou-facerse-coa-concesion-do-servizo-municipal-de-auga-que-partir-de-agora [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/ningunha-empresa-optou-facerse-coa-concesion-do-servizo-municipal-de-auga-que-partir-de-agora [3] whatsapp://send?text=Ningunha empresa optou a facerse coa concesión do servizo municipal de auga, que a partir de agora xestionará directamente o concello http://copecarballino.es/novas/ningunha-empresa-optou-facerse-coa-concesion-do-servizo-municipal-de-auga-que-partir-de-agora [4] http://copecarballino.es/print/43481