Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Unha focha na calzada motiva o peche ao tráfico na rúa Ourense, á altura da rotonda

14, Xaneiro 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concelleiro de obras, Magín Daparte, explicou que "é consecuencia da rotura dunha tubería, debido a que no seu dia a auga que se acumulaba no túnel de ferrocarril desviouse mediante bombeo á tubería do saneamento, e ésta non da abasto".

A rotura provocou unha gran focha na calzada da rúa Ourense á altura da rotonda "que non podemos arranxar mentres non deixe de chover". A incidencia motiva o corte ao tráfico dun carril da rúa , nun punto neurálxico para a circulación, que abserve gran parte do tráfico que accede tanto á rotonda da Fontela como a rúa Alberto Vilanova.

Ademáis, o concelleiro de obras avanzou que "tan pronto como sexa posible contrataráse a obra de asfaltado en quente para reparar a calzada na rotonda da Alameda, asi como en varios viais do casco urbano que necesitan unha reparación urxente".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/unha-focha-na-calzada-motiva-o-peche-ao-trafico-na-rua-ourense-altura-da-rotonda

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-focha-na-calzada-motiva-o-peche-ao-trafico-na-rua-ourense-altura-da-rotonda [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-focha-na-calzada-motiva-o-peche-ao-trafico-na-rua-ourense-altura-da-rotonda [3] whatsapp://send?text=Unha focha na calzada motiva o peche ao tráfico na rúa Ourense, á altura da rotonda http://copecarballino.es/novas/unha-focha-na-calzada-motiva-o-peche-ao-trafico-na-rua-ourense-altura-da-rotonda [4] http://copecarballino.es/print/43484